
Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce. (gallego, galego)
Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Teléfono 881 93 00 55 – Fax 881 93 00 64 – ies. moncho. valcarce @ edu . xunta . gal
Horario de atención ao público: 08:30 – 14:10 h – Teléfono de secretaría: 881 93 00 56
Calendario de exames de materias pendentes da 1ª AVALIACIÓN
Calendario escolar 2024-2025
Calendario escolar 2024-2025 DOG 23-4-2024.
Calendario escolar 2024-2025 (formato meses).
Días non lectivos 2024-2025 pendentes de autorizar pola Dirección Territorial de Educación: luns 4-novembro-2024 e venres 2-maio-2025.
Lista de libros de texto curso 2024-2025
Actualizada o martes 2-xullo-2024
CONCURSO DE ROBÓTICA E VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO DA DOMUS (A CORUÑA)
O alumnado de 4ºESO das materias de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía realizou hoxe unha saída á
A Coruña cunha dobre finalidade: participar no XIV Taller e concurso galego de robótica e visitar o museo científico da DOMUS. Mentres que o alumnado de Tecnoloxía tivo a oportunidade de aplicar os contidos traballados sobre programación de robótica, resolvendo retos en equipo, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía puido ampliar os seus coñecementos sobre a orixe do Universo, a neuroloxía e a xenética, dun xeito activo e participativo.
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO DE 2024-2025
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce desexa que este novo curso académico sexa bo e proveitoso!
C.S. LABORATORIO DE ANÁLISE E DE CONTROL DE CALIDADE
PREMIOS IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
O xoves, 13 de xuño, ás 17:30 horas tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e diplomas dos concursos de SEECGalicia 2024.
Este foi o programa do acto:
1. Actuación musical do guitarrista Rubén Caneiro.
2. Intervención das persoas que presiden o acto: – Xosé Carracedo Fraga, Presidente de SEEC – Galicia.
– Benedict Buono, Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC. – Elías Feijó Torres, Decano da Facultade de Filoloxía da USC.
3. Entrega de premios da XIX edición do concurso Odisea.
4. Entrega de diplomas e de premios da IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos.
5. Viño de honor.
Parabéns!!!
III CONCURSO DE ESOPÍAS
Pechamos as actividades de Dinamización Lingüística deste curso 2023/2024 entregando os premios do III Concurso de Esopías. Esta actividade foi posible grazas á colaboración do Departamento de Matemáticas e o Departamento de Lingua Galega co Departamento de Normalización Lingüística. Cinco alumnas de 2º e 3º de ESO foron as premiadas.
Noraboa a todas!!!
Pequena feira científica organizada polo Club de Ciencias para mostrar ao alumnado de 1º, 2º e 3ºESO a labor e o traballo realizado polo alumnado do Club durante o curso 2023/2024
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce felicita ao alumnado de 2º de bacharelato polos resultados acadados na ABAU. Desexámoslles boa sorte nesta nova traxectoria vital e profesional.
PARABÉNS!!!
O día 6 de xuño do 2024 o alumnado de 1º da ESO recibe unha charla co nome “Navega con rumbo” no que se explican os principais perigos do mal uso das redes sociais e internet, uso seguro de contrasinais, normas a seguir para un bo uso de internet.
EXPOSICIÓN LAPBOOK PROBLEMAS MEDIOAMBIETAIS
O alumnado de 2ºESO. Expoñeron na entrada do IES os seus traballos sobre problemas medioambientais. Os seus traballos explican , distintos danos como o deterioro da capa de ozono, o aumento de GEI e a relación co quencemento global e cambio climático, a choiva ácida …
Ramón Valcarce Vega, coñecido tamén coma o cura das Encrobas, nado na Coruña o 5 de setembro de 1935 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un crego e político galego.

o cura das Encrobas
Vida e carreira eclesiástica
Terceiro de oito irmáns (catro nenos e catro nenas), formouse na escola dos Xesuítas de Vigo e no Instituto Masculino de Ensinanza Media da Coruña e matriculouse por libre en Dereito na Universidade de Compostela. Porén máis tarde decidiu estudar teoloxía e o pai tentouno convencer de ir a Roma. El optou por comezar nun nivel máis humilde e en 1963 ingresa no seminario de Santiago de Compostela e recibe as primeiras ordes.
Porén será expulsado por mor duns escritos e o arcebispo Quiroga Palacios suxírelle que continúe na Coruña, por libre, os seus estudos eclesiásticos e convídao a realizar labor pastoral na igrexa de San Xosé e na Colexiata. Na igrexa de San Xosé permanece ás ordes do párroco Xosé Lamas e na Colexiata ás do abade Manuel Espiña. Ó ano seguinte (1964), co cambio de autoridade e baixo a titoría de Manuel Espiña, volve novamente a Compostela e é ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1969.
Moncho Valcarce establécese como crego nas parroquias de Sésamo e Sueiro, no concello de Culleredo, en marzo de 1971, no seu primeiro destino como sacerdote. Fala galego, non emprega o vestiario tradicional dos cregos e calza a boina. Tamén se nega a cobrar a paga de sacerdote e as taxas polos servizos relixiosos. Datan dese tempo os seus primeiros enfrontamentos coa autoridade eclesiástica e a súa cada vez maior implicación co movemento antifranquista. O Partido Comunista instala unha imprenta na casa reitoral, que se converte nun punto de encontro de pluralidade para distintos colectivos de distintas ideoloxías.
Detencións e participación política
A Ramón Valcarce detéñeno en Betanzos en setembro de 1974 nunha adega propiedade dun antigo garda civil cando asistía a unha xuntanza. Bota tres días no cuartel e lévano ó cárcere da Coruña. Mentres permanece encadeado, os seus fregueses fan folga de misas, e cando o liberan organízanelle unha festa de recepción. A partir de aí decide implicarse nas estruturas políticas, e particularmente nas nacionalistas. Participa na creación de Fouce, a revista das Comisións Labregas e o 21 de marzo de 1977 é xa formalmente militante da AN-PG (Asemblea Nacional- Popular Galega).
Pero Moncho Valcarce fíxose coñecido particularmente pola súa participación no conflito das Encrobas. Nas Encrobas, e grazas a un decreto asinado en 1972 polo xeneral Franco, a empresa Lignitos de Meirama quería acceder ás terras dos campesiños titulares en troques do que estes consideraban baixas indemnizacións. No transcurso das manifestacións e enfrontamentos coa Garda Civil, Moncho Valcarce é detido o 15 de febreiro de 1977.
Faleceu de cancro na Coruña aos 57 anos de idade. No seu libro Revolucionario e místico/Diario íntimo da doenza final (Encrucillada, 1994) reflicte os pensamentos deses últimos anos.
Recoñecementos
O concello da Coruña inaugurou en 2018 unha placa na casa da rúa da Franxa en que naceu.